martes, 28 de noviembre de 2017

FC Barcelona-Valencia cf

Empate inesperado

Por raro que parezca o pasado fin de semana no gran enfrontamento entre o FC Barcelona e o Valencia CF houbo un empate que beneficiou sobre todo ao Real Madrid e ao Atlético de Madrid xa que se acercaron máis aos dous equipos.

Houbo unha gran polémica debido a que o árbitro anulou un gol de Messi (xogador do Barcelona) que atrabesara a liña de meta. E ademais unha xogada do Valencia na área contraria, na que cometeron penalti sobre un dos xogadores, pero este non foi pitado. Ao final o resultado foi de tablas (1-1). Aínda que o partido estivo controlado polo Valencia o Barcelona tivo bastantes ocasións de gol nas que puido gañar o encontro.

David Boo

lunes, 20 de noviembre de 2017

Sergio Ramos lesionado

O pasado sábado 18 de Novembro, no derbi de fútbol entre o Atlético de Madrid e o Real Madrid. Lucas Hernandez, o actual xogador do Atlético de Madrid, deulle unha patada no nariz ao xogador, e capitán do Real Madrid, Sergio Ramos. Producindolle así unha rotura do tabique nasal. O xogador regresou ao campo despois de ser atendido polos médicos do clube. Pero uns minutos despois viuse obligado a abandoar o terreo de xogo. Todos os madridistas consternados e preocupados polo capitán, que máis tarde lles chegou o aviso que os informaba da lesión que el tiña.

Houbo moitas polémicas que trataban sobre se ese golpe producido no minuto 35 da primeira parte, xa que había un bando que defendía que ese feito non fora penalti, e por outro lado, había un bando que reclamaba penalti nesa acción. Estas polémicas foron moi fortes xa que o partido rematou con ambos marcadores a 0, e trás esta acción podía cambiar o resultado por completo, e conseguir así os 3 puntos o equipo blanco. Puntos que lles aumentaría as posibilidades de gañar a liga. Pero que ao producirse ese empate, o FC Barcelona aumentaría a diferencia de puntos entre estos dous equipos.



                                                                            
                                                                                                                              Adrián Brea Martínez