jueves, 14 de diciembre de 2017

RESURRECIÓN DO REAL MADRID


O Real Madrid levantou cabeza tras saír gañando do Bernabeu a pasada xornada, a xornada 15 da liga Santander, tempada 2017-18 fronte ao forte Sevilla. O sevilla era un rival forte para o Real Madrid, xa que era o seu sucesor na clasificación da tempada. Non demostrou o forte que era no Bernabeu, xa que o equipo de Zinedine Zidane gañou por 5 a 0 no marcador, con 2 goles de Cristiano Ronaldo ( que foi campión do balón de ouro fai uns días). Ademáis de que o Sevilla xa fora un rival bastante forte, a plantilla do Real Madrid víase danada pola falta de 4 xogadores indiscutibles nesta. Pero aínda así, como vimos, o Sevilla non foi quen de derrotar ao Real Madrid nin moito menos.

Unha vitoria moi significativa para o conxunto branco, xa que ten moi preto o comezo do mundial de clubes e máis o clásico fronte aos líderes da liga, o Barcelona.
Adrián Brea Martinez

RM CLASIFICADO

O Real Madrid tivo diversos encontros para chegar ata a semifinal do mundialito de clubes, pero logrouno.  A semifinal, a pesar da súa superioridade, foi entretida e tensa xa que os rivais loitaron polo pase a final.
Foron gañando gran parte do primeiro tempo pero despois do descanso o Real Madrid logrou empatar o encontro, e despois marcar  gol decisivo que lle daría a victoria.
Por segunda vez consecutiva pasa a final, isto podería significar o segundo título nas dúas ultimas edicións deste torneo.
O Real Madrid tamén se clasificou para octavos de final da UEFA CHAMPIONS LEAGUE. Vaino ter complicado xa que lle tocou un dos mellores equipos que tamén é un dos preferidos do torneo, o PSG, este fichou varios xogadores que lle poden facer a disputa máis fácil.

 
David Boo Noya



martes, 12 de diciembre de 2017

CR5

GAÑADOR DO BALÓN DE OURO
Como vimos o pasado 7 de decembro do 2017, tivo lugar a entrega do premio do balón de ouro 2017. Tendo como escenario a Torre Eiffel. Premio que unha vez máis foi gañado polo actual xogador do Real Madrid, Cristiano Ronaldo. Compoñendo así a súa vitrina con uns 5 balóns de ouro xa, (2008, 2013, 2014, 2016 y 2017). E deste xeito, igualando os balóns de ouro logrados polo arxentino Lionel Messi, (2009, 2010, 2011, 2012 y 2015). 
Un premio que sen duda servirá e serviu como poidemos observar na xornada 15 da liga Santander, para que o xogador portugués se motive. Xa que leva unha tempada con poucos goles anotados ao seu favor, 2 concretamente. Pero que a pasada xornada 15 subiu esta cifra a uns 4 goles anotados. Ademáis empezou  a competición da championsverdadeiramente ben, facendo así un novo record. Que consistiu en marcarlle a todos os equipos enfrontados na fase de grupos de esta competición. 

                                                                                                                 Adrián Brea

lunes, 4 de diciembre de 2017

Mundial 2018


A pasada tarde do Venres 1 de Decembro do 2017 produciuse o sorteo do vindeiro mundial en Rusia 2018. Selecionaronse 8 grupos distintos con 4 equipos en cada un deles. Cos equipos poderosos bastante repartidos, se podería decir. A sorpresa dos epañoles foi cando se produciu o sorteo do grupo B. No que saliu a luz que os paises veciños, España e Portugal se van a enfrontar neste mundial de Rusia 2018. Como é normal, e de esperar os españoles están asustados, xa que Portugal acaba de ganar a última Eurocopa, polo cal ven máis forte ca nunca.

Outro grupo peligroso sería o grupo G, xa que se encontra a seleción de Alemania, que foi o equipo que gañou o último munidal fai 4 anos. Este non debería ter demasiados problemas en chegar bastante lexos xa que no seu grupo encontrase México, Suecia e Corea do Sur. Que claquera dos tres non teñen demasiado perigo.

E aquí vos deixo a tabla completa do sorteos destes 8 grupos.



Grupos y calendario del Mundial de Rusia


                                                                                         Adrián Brea Martínez
                                                                                             

¡A liga en xogo!

Grazas ao empate que conseguiu o celta no encontro co Barcelona a liga ponse en xogo, xa que a maioría dos equipos que están máis arriba na tabla de clasificación aprobeitaron este empate para reducir a distancia de puntos e poder pelear polo primeiro posto. Aínda así o Barcelona está por encima deles con bastante distancia.
O Real Madrid desaproveitou a gran oportunidade que lle deixo o equipo catalán. Este empatou co Atletic Club, e así segue a mesma distancia do Barcelona polo que lle vai costar gañar esta liga, a pesar de ser un dos candidatos favoritos para gañar a liga esta temporada vaino ter complicado.
Por outra parte, o Valencia non estivo ao nivel do Getafe e coñeceu a derrota por primeira vez en moitos partidos. Con isto o Atlético de Madrid aprobeitou para achegarse a el, xa que consegiu unha victoria ante a Real Sociedad.
David Boo Noya

martes, 28 de noviembre de 2017

FC Barcelona-Valencia cf

Empate inesperado

Por raro que parezca o pasado fin de semana no gran enfrontamento entre o FC Barcelona e o Valencia CF houbo un empate que beneficiou sobre todo ao Real Madrid e ao Atlético de Madrid xa que se acercaron máis aos dous equipos.

Houbo unha gran polémica debido a que o árbitro anulou un gol de Messi (xogador do Barcelona) que atrabesara a liña de meta. E ademais unha xogada do Valencia na área contraria, na que cometeron penalti sobre un dos xogadores, pero este non foi pitado. Ao final o resultado foi de tablas (1-1). Aínda que o partido estivo controlado polo Valencia o Barcelona tivo bastantes ocasións de gol nas que puido gañar o encontro.

David Boo

lunes, 20 de noviembre de 2017

Sergio Ramos lesionado

O pasado sábado 18 de Novembro, no derbi de fútbol entre o Atlético de Madrid e o Real Madrid. Lucas Hernandez, o actual xogador do Atlético de Madrid, deulle unha patada no nariz ao xogador, e capitán do Real Madrid, Sergio Ramos. Producindolle así unha rotura do tabique nasal. O xogador regresou ao campo despois de ser atendido polos médicos do clube. Pero uns minutos despois viuse obligado a abandoar o terreo de xogo. Todos os madridistas consternados e preocupados polo capitán, que máis tarde lles chegou o aviso que os informaba da lesión que el tiña.

Houbo moitas polémicas que trataban sobre se ese golpe producido no minuto 35 da primeira parte, xa que había un bando que defendía que ese feito non fora penalti, e por outro lado, había un bando que reclamaba penalti nesa acción. Estas polémicas foron moi fortes xa que o partido rematou con ambos marcadores a 0, e trás esta acción podía cambiar o resultado por completo, e conseguir así os 3 puntos o equipo blanco. Puntos que lles aumentaría as posibilidades de gañar a liga. Pero que ao producirse ese empate, o FC Barcelona aumentaría a diferencia de puntos entre estos dous equipos.



                                                                            
                                                                                                                              Adrián Brea Martínez