jueves, 14 de diciembre de 2017

RESURRECIÓN DO REAL MADRID


O Real Madrid levantou cabeza tras saír gañando do Bernabeu a pasada xornada, a xornada 15 da liga Santander, tempada 2017-18 fronte ao forte Sevilla. O sevilla era un rival forte para o Real Madrid, xa que era o seu sucesor na clasificación da tempada. Non demostrou o forte que era no Bernabeu, xa que o equipo de Zinedine Zidane gañou por 5 a 0 no marcador, con 2 goles de Cristiano Ronaldo ( que foi campión do balón de ouro fai uns días). Ademáis de que o Sevilla xa fora un rival bastante forte, a plantilla do Real Madrid víase danada pola falta de 4 xogadores indiscutibles nesta. Pero aínda así, como vimos, o Sevilla non foi quen de derrotar ao Real Madrid nin moito menos.

Unha vitoria moi significativa para o conxunto branco, xa que ten moi preto o comezo do mundial de clubes e máis o clásico fronte aos líderes da liga, o Barcelona.
Adrián Brea Martinez

No hay comentarios:

Publicar un comentario